1.- Distancia: 17 km.
2.- Percorrido: Devesa da Rogueira en O Courel
3.- Dificultade: Media-Alta.
4.- Notas específicas sobre a ruta:
a xoiá ecolóxica da Serra do Courel. Este bosque primario destaca pola súa biodiversidade, con especies autóctonas que configuran un espazo de gran valor natural. Os participantes poderán contemplar a beleza das fervenzas, fontes naturais e miradoiros espectaculares.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 8.00, Vigo (rúa do Areal, nº52) ás 8.00 e de Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 8.25.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.