1.- Distancia: 18 km.
2.- Itinerario: Montederramo - Macizo Central
3.- Dificultade: Media
4.- Descrición: Un roteiro que unirá a exploración de paraxes naturais coa visita a monumentos históricos, para apreciar a interrelación entre ambos. Co sorprendente Biduieral de Montederramo e o seu aclamado Mosteiro.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 9.15, Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 9.15 e Vigo (rúa do Areal, nº46) ás 9.40.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.