A carreira realizarse polo circuito de terra exterior a pista de atletismo
1.- Que é? Con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o vindeiro día 29 de novembro de 2024 ás 12:00 h celebrarase a XIV Carreira Popular Santa Bárbara organizada pola Delegación do Alumnado de dita escola.
2.- Quen pode participar? A carreira está aberta ás persoas da comunidade universitaria e tamén ás persoas externas (maiores de idade).
3.- Distancia e circuíto. O percorrido ten unha lonxitude total aproximada de 5000 m polo circuíto de terra do campus Lagoas - Marcosende. A saída do circuíto será na parte sur do mesmo, e en sentido horario.
4.- Como inscribirse? As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 27 de novembro.
5.- Achega solidaria. Para participar cómpre achegar 1 kg de alimento non perecedoiro o mesmo dia da proba. Esta realizarase na liña de meta no momento da recollida de dorsais.
6.- Acreditación e recollida de dorsais. A recollida poderán recollelo o mesmo día da carrera, ata 20 minutos antes do comezo, igual que as camisetas e sempre depositando o kilo de comida.
7.- Premios e agasallos. Entregarase un trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas nas diferentes categorías: internos masculinos, externos masculinos, internas femininas e externas femininas (a Universidade de Vigo)
8.- Outra información de interese. As persoas participantes poderán empregar os vestiarios adxacentes para mudarse antes e despois da proba.
9.- Máis información e contacto