Descrición: O avance da sociedade e os cambios nos estilos de vida, traen como consecuencia que durante os últimos anos a mocidade teña que enfrontarse a unha serie de retos e presións que poden afectar significativamente o seu benestar psicolóxico. O obxectivo principal deste curso é explorar e visibilizar a importancia da saúde mental na mocidade. Pretende proporcionar ferramentas e coñecementos clave, como a identificación de factores de risco, a promoción da resiliencia e o autocoidado para comprender, previr e abordar os problemas relacionados coa saúde mental na mocidade.
Director e docente: María Teresa Barge Bello
Este curso ten unha duración de 30 horas ( 9 horas de traballo persoal)
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
-Sufrimento psíquico na mocidade na época dixital. María Jesús Gómez Rodríguez
-Mocidade e demanda psicoterapeútica. José Antonio Casais Lestón
-Visita o centro ecuestre do Mundil: Saúde mental e terapia con animais. Paseo a cabalo. María Teresa Barge Bello
-A intelixencia emocional. Marta García Sabín
-Aprender a pensar. Marta García Sabín
-Soedade non desexada e ciclo de vida. Jose María Failde Garrido
-Diversidade no alumnado universitario: tendencias e retos. Maribel Doval Ruíz
-As etapas da vida e a saúde mental. Escarlata Rodríguez Rivas, Andrea Rodríguez Freire
-Saúde mental e sexualidade. Beatriz Pérez Fernández