Este curso ten unha duración de 45 horas (das cales 30 horas son presenciais e 15 horas de traballo persoal )
Descrición: Coñecer a lingua de signos española, recoñecida como patrimonio cultural inmaterial (en liña cos ODS10 e 16: redución das desigualdades , cidades e comunidades sostibles). Promover unha educación de calidade para o alumnado xordo ( en liña co ODS4: educación de calidade ). Poñer en valor á comunidade xorda, a súa cultura e lingua (en liña co ODS10 e 16: redución das desigualdades, cidades e comunidades sostibles). Promover a equidade como proxecto social a partir do concepto ecolóxico da discapacidade (en liña cos ODS5 e 10: igualdades de xénero, redución das desigualdades). Presentar a filosofía da vida independente (en liña co ODS3:saúde e benestar)
Director e docente: Breogán Riobóo Lois
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Discapacidade e vida independente.
1.1 Concepto e modelos de comprensión da discapacidade.
1.2 Vida independente e accesibilidade universal. Deseño universal para a aprendizaxe.
2. A lingua de signos.
2.1 Alfabeto dactilolóxico.
2.2 Saúdos, presentación, descricións físicas e emocións.
2.3 O discurso signado.
2.4 Lugares, cidades, familia e profesións.
3. As persoas xordas, comunidade e cultura xorda.
3.1 Valores e características da cultura xorda.
4. Alumnado xordo nas aulas.
4.1 Ferramentas educativas inclusivas.
4.2 Adaptación de materiais.
5. As novas tecnoloxías e a comunidade xorda.