Duración do curso: 31 h
Este curso é continuación do que foi ofertado na programación de cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense no ano 2023 co mesmo título "Ourense no tempo: Historia Arte e Tradicións"
Temática: Este curso ofertado no campus de Ourense impartirase a modo de xornadas de divulgación científica das investigacións que leva a cabo a comunidade universitaria do departamento de Historia, Arte e Xeografía con temática relacionada coa provincia de Ourense, así como as de outros investigadores externos especializados no tema. O curso terá carácter multidisciplinar e fará un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte,a arqueoloxía e as tradicións da provincia de Ourense, desde a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos como artísticos e etnográficos. Algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados polo centro da cidade de Ourense e lugares históricos e arqueolóxicos da comarca da Limia, Baixa Limia e Ribeira Sacra. Obxectivos: 1. Transmitir o coñecemento científico xerado polos investigadores e as investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar. 2. Proporcionar ferramentas e exemplos na utilización de diferentes tipos de fontes para a investigación histórica e arqueolóxica. 3. Aplicar o coñecemento interdisciplinar e xerar espazos de discusión co estudantado. 4. Contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores (en liña coa axenda 2030). 5. Achegar instrumentos e ferramentas para a elaboración de discursos de comunicación e divulgación igualitarios e inclusivos (en liña coa axenda 2030).
Director do curso: José Ramón Campos Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- "As orixes intelectuais ourensáns da Xeración Nós" Jesús de Juana.
- "O oficio de escribir:notarios ourensáns na Baixa Idade Media" Beatriz Vaquero Díaz
- "A pegada ourensá na cultura galega en Venezuela" Xosé Ramón Campos Álvarez
- "O cinema en Ourense: resistencia e persistencia" Daniel Barredo Vázquez
- "Recorrido histórico-artístico pola cidade de Ourense a través do tempo" Yolanda Barriocanal López
- "Auriense antes da Conquista: Poboamento e Territorio da Contorna de Ourense durante a Prehistoria e a Protohistoria" Emilio Rodríguez Álvarez
- "Minaría galaico-romana de ouro e o estaño en Ourense" Oscar Pazos Rodríguez
- "A necrópole rupestre de San Vitor de Barxacova, a fosilización dun singular espazo altomedieval" Eduardo Breogán Nieto Muñiz
- "Roteiro exploratorio polas pasarelas do río Mao" Miguel Ángel Álvarez Vázquez
- "A configuración do relevo da Ribeira Sacra" María Luz Rodríguez Blanco
- "Unha visita a Santa Cristina de Ribas de Sil. Arte, historia e arqueoloxía dun mosteiro da Ribeira Sacra" Víctor Rodríguez Muñíz
- "A Cela (Lobios) de punta a punta" Juan Manuel Galiña Lorenzo e Lucía Rodríguez Álvarez
- "Visita a Ouvigo (Os Blancos): a aldea máis antiga de Galicia" Oscar Penín Romero