Casa das Campás. Pontevedra
Profundizar na realidade profesional das persoas artistas, analizando as súas características, problemáticas, grao de regulación, protección e recoñecemento social en distintos contextos: locais, nacionais e internacionais.
Ter a oportunidade de coñecer iniciativas e propostas levadas a cabo por colectivos, investigadores, creadores e axentes culturais galegos que traballan ao redor da intersección entre prácticas artísticas, patrimonio e sustentabilidade.
l. Regulación sectorial: Os códigos de boas prácticas e o Estatuto da artista visual. 2. A importancia do asociacionismo. A Colectiva e as asociacións profesionais do sector artístico e cultural en Galicia; a representación sindical. 3. A constitución dun Observatorio de Boas Prácticas. Convocatorias e liñas de axudas dirixidas á artes plásticas e visuais no territorio estatal e autonómico. 4. O desenvolvemento da sustentabilidade no espazo da colectividade. Exercicios e hábitos para unhas boas prácticas internas. 5. Dereitos de autor, interlocución institucional e contratación público-privada. 6. Práctica artística contextual. Iniciativas que xeneran comunidade. Cultura e cidadanía. 7. Proxectos de xestión e mediación cultural entorno á creación, patrimonio e sustentabilidade. 8. Laboratorio de proxectos