Fac. Belas Artes. Aula textil 2
Introducir e coñecer os aspectos fundamentais da técnica de feltro húmido.
Aprender de forma práctica o proceso de elaboración e utilización de materiais e ferramentas axeitadas.
Coñecer as fibras, distinguilas así como os diferentes resultados de feltrar cada unha.
Transformación de materias primas como posibles novas vías de traballo creativo.
Reutilización de materiais para crear texturas, incorporando elementos non convencionais.
Este curso propón de forma práctica comprender o proceso de creación de tecido en base ás técnicas de feltro húmido. lntrodución a catro técnicas e os seus procedementos, materiais e ferramentas construtivas como recurso creativo que busca ademais a recuperación de materiais sostibles e metodoloxlas de reutilización e posta en valor de materiais refugados As técnicas coas que se traballará son catro, a saber: Feltro húmido Inclusión de fibras Nuno feltro Recuperación téxtil