Fac. Belas Artes de Pontevedra. Aula 04 e patio interior
Realizar o proceso completo da técnica de Raku.
Estudar as arxilas que se empregan neste proceso e as posibilidades plásticas.
Traballar as técnicas de construcción específicas para forno de Raku.
Realizar os esmaltes para acabados de pezas.
Aplicar os distintos esmaltes segundo o interese do que se queira acadar.
Fomentar o traballo en equipo.
Realizar a fornada Raku das pezas construídas.
Analizar os resultados acadados.
Proceso completo da técnica cerámica Raku, coñecemento das arxilas, estudo das técnicas para a construción das pezas, fabricación dos esmaltes específicos para Rakú, realización da montaxe e da cocción do forno de gas.