Estación de Ciencias Mariñas de Toralla
O obradoiro terá unha duración de 33 horas (30 h de docencia + 3 h de traballo persoal do alumnado).
Obxectivos xerais:
Dar a coñecer a acuaponia. Dende as súas orixes, pasando por experiencias actuais e mostrando as diferentes posibilidades desta técnica que combina a acuicultura coa hidroponia. Introducindo os asistentes nas nocións básicas para poder montar un sistema acuapónico por si mesmos
Docente: Micael Vidal Maña
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
-Concepto de acuaponia. Definición ,antecedentes e evolución. -Estado actual da acuaponia. Aplicacións e técnicas de cultivo. -Conceptos básicos para a montaxe dun sistema acuapónico. Exemplos de diferentes sistemas acuapónicos. -Materias, dimensionamiento e planificación dun sistema acuapónico. -Fabricación e montaxe dun pequeño sistema acuapónico -Seguridade, hixiene e puntos críticos a ter en conta na acuaponia.