Aula 24 da Facultade de Química.
O día 22 de maio o obradoiro terá lugar no Parque de Castrelos.
O obradoiro terá unha duración total de 30 horas (27 presenciais e 3 de traballo persoal do alumnado)
Os principais obxectivos son:
O obradoiro centrarase en que os asistentes aprendan conceptos teóricos sobre árbores e arbustos arborescentes e coñezan as súas aplicacións en diferentes ámbitos da vida cotiá, así como a relación destes organismos co ser humano ao longo da historia (alimentación, medicina, usos ornamentais e forestais). Ademais, tentarase que o alumnado aprenda a empregar diferentes ferramentas para a identificación práctica das árbores e arbustos arborescentes coma as lupas as chaves de identificación. Realizaranse nalgunhas sesións saídas de campo para revisar e identificar exemplares in situ dos xa explicados nas sesións teóricas. Parte das sesións terán tamén parte teórica en aula ou laboratorio sobre diferentes usos das Árbores e Arbustos. Haberá tamén traballo autónomo por parte do alumnado de elaboración dun herbario de árbores e arbustos de 5 pliegos que terán que estar identificados baixo os requerimentos explicados nas clases.
Docentes: Paula Estévez Caride, Hugo Fernández Ricón, Adrián Melón Raña, Gabriel Pérez Torrón.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
-Introdución á botánica e a identificación de especies arbóreas: - Especies arbóreas con usos alimentarios - Especies arbóreas con usos medicinais - Especies arbóreas con usos forestais - Especies arbóreas con usos ornamentais - Os perigos das especies invasoras