Aula 24 da Facultade de Química
A duración do obradoiro é de 30 horas (27 h de clases teóricas e prácticas e 3 horas de traballo individual do alumnado)
Os principais obxectivos son: -Proporcionar ao alumnado coñecementos e destrezas básicas para iniciarse no cultivo de cogomelos. -Coñecer os cogomelos cultivables máis comúns, as súas metodoloxías de cultivo e a lexislación pertinente. -Adquirir habilidades no cultivo de cogomelos saprotróficos na contorna doméstica. -Analizar as posibles aplicacións derivadas do cultivo de cogomelos. -Ampliación dos coñecementos impartidos ao longo de certas materias do Grao en Bioloxía.
O obradoiro centrarase no cultivo práctico de varias especies de cogomelos de interese gastronómica. Para isto, aportaranse ao alumno os coñecementos teóricos necesarios, así como todo o material preciso para desempeñar o cultivo coa guía do persoal docente do obradoiro.
Docentes: Paula Estévez Caride, Hugo Fernández Ricón, María Cabaleiro Alfaya.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
- Cultivo de cogomelos: especies, parámetros, fases, medios e substratos - Medidas de asepsia e esterilización para traballo con micelios - Preparación de medios de cultivo: placa, gran, paca e tronco - Contaminantes, infeccións e patóxenos - Lexislación vinculada cos cogomelos cultivables - Micorrizas e o seu papel no ecosistema - Explotación micolóxica forestal - Nutracéutica e introdución á micogastronomía