Casa das Campás- aula de novas tecnoloxías
A intelixencia artificial xenerativa é unha das tecnoloxías de tendencia e xa revolucionou múltiples setores e tarefas. mú.ltiples sectores e tar fas.
En ámbetos como o marketing e a comunicación dixital, facilita a xeración de contidos como imaxes, vídeos, música e texto en breves períodos de tempo, a través de aplicacións e ferramentas como chatGPT, Bing, Bard, Dall-E, Midjourney ou Stable. Esta difusión, que surprendeu a toda a sociedade cos seus resultados, está a ser aplicada en múltiples ámbetos profisionais.
Grazas a este obradoiro aprenderás a poñer en práctica todo o que estas ferramentas de IA poden oferecer e verás diferentes posibilidades para utilizalas como parte da túa estratexia de contido.
Entre os principais obxectivos do obradoiro están:
-aprender a utilizar ferramentas de IA para buscar inspiración e creatividade
-aumentar o rendemento en tarefas de xeración de contidos
-comprender as posibilidades que oferece a intelixencia artificial xenerativa
-explorar os usos da IA para crear contidos específicos para redes sociais
1. lntrodución á intelixencia artificial xenerativa. 2. Chat GPT / Bing / Bard: qué son e cómo.funcionan. 3. Usos da IA xenerativa de texto: -inspiración e creatividade. -xeración e optimización de texto -estratexia e planificación 4. Midjourney, Stabble Difusion, Dall-E: qué son e cómo funcionan 5. Usos da IA xeradora de imaxes: -creación e transformación de imaxes. -optimización para a creación de imaxes e estilos. -Casos de uso prácticos 6. Contidos xerativos doutros formatos: audio e vídeo