Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Este obradoiro está focalizado en aportar coñecementos sobre os antioxidantes, a auga e a súas potenciais aplicacións, tamén a súa importancia na nosa vida diaria e na nosa alimentación. As sesións serán impartidas por docentes expertos en compostos antioxidantes e as técnicas e tecnoloxías para súa obtención empregando a auga como disolvente.
O alumnado terá que facer 3 horas de traballo individual.
Directora e docente: Noelia Flórez Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Sesión 1, 23 febreiro, 5h
-Presentación e introdución do obradoiro (1h)
-Relatorio 1. Os antioxidantes I - obtención (1,5h)
-Prácticas Laboratorio 1: macerando vexetais (2,5h)
Sesión 2, 1 marzo, 5h
-Prácticas laboratorio 2: destilando licores (5h)
Sesión 3, 8 marzo, 5h
-Prácticas laboratorio 3: cocendo a presión con auga (5h)
Sesión 4, 15 de marzo, 5h
-Prácticas laboratorio 4, a potencia das ondas (5h)
Sesión 5, 22 de marzo, 7h
-Relatorio 2. Os antioxidantes II - aplicacións (1,5h)
-Prácticas laboratorio 5: recetas para determinar antioxidantes (3,5h)
-Prácticas laboratorio 6: o laboratorio na casa (2h)
Programa detallado
Traballo persoal (3h)