Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descrición: A metodoloxía socioafectiva é unha forma participativa e creativa para transformar os conflictos de forma positiva e crear comunidades máis resilientes. Empregaremos linguaxes transformadoras a través do xogo e da arte pasando polo teatro, o movemento ou a pintura. Esta metodoloxía pódese aplicar tanto ao ámbito persoal, social, como profesional, é unha nova mirada á interacción dos grupos e dos procesos de aprendizaxe.
Director e docente: Francisco Javier Aguiar Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Tema 1. Introdución á intervención social e os paradigmas Eco-crítico e da Paz.
Tema 2. Introdución á construcción de Culturas de paz.
Tema 3. Introdución á metodoloxía socioafectiva.
Tema 4. Transformación creativa de conflictos.
Tema 5. Aurocoidados e acompañamento ao coidado de grupos.
Tema 6. Ferramentas socioafectivas I. Pintura e expresión artísticas.
Tema 7. Ferramentas socioafectivas II. Movemento e expresión corporal.
Tema 8. Ferramentas socioafectivas III. Teatro social.
Tema 9. Aplicativos da metodoloxía socioafectiva.
Tema 10. Sabedoría colectiva e exposición de aplicativos.
Programa detallado