Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Descrición: Procuramos que o estudantado coñeza o manexo dos procesos cognitivos básicos no proceso da información e a súa mediación nas respostas violentas ou non violentas. Mostramos contidos conceptuais e procedimentais que enriquecerán o repertorio comportamental dos estudantes.
O alumno terá que facer 2 horas de traballo individual.
Director e docente: Mª José Vázquez Figueiredo
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
1. Aproximación aos comportamentos violentos:
1.1 Interacción entre emoción, pensamento e acción
2. Procesos cognitivos morais vs. inmorais:
2.1 A empatía e a psicopatía
2.2 Teoría da desvinculación moral
2.3 Perdón e empatía na toma de decisións: violencia vs. non violencia
2.4 Estratexias para desmantelar as xustificacións das conductas violentas
3. Procesos afectivos e cognitivos que controlan e regulan a violencia verbal:
3.1 Violencia verbal asociada á impulsividade e busca de sensacións
3.2 Violencia verbal asociada á intencionalidade
3.3 Pensamentos que evitan a violencia verbal: a reformulación lingüística
4. Violencia na sociedade postmoderna:
4.1 Violencia colectiva: violencia escolar, violencia sexual, violencia en redes sociais
4.2 Violencia interpersoal: violencia de xénero e violencia filioparental
4.3 Estratexias de prevención e intervención
Programa detallado