1.- Distancia: 9 km
2.- Itinerario: Campus Sur Ourense, Mende, Castro de Santomé, Campus Sur
3.- Dificultade: baixa.
4.- Descrición:
Ruta 25 ANIVERSARIO RUTAS CULTURAIS - 18 de novembro
10:00 Chegada Autobus de Vigo e Pontevedra a Campus Sur Edificio Xurídico Empresarial - (Cafetería Camba) 10:30 Recepción por parte Staff Rutas Culturais (Xeitura) 10:45 Foto de grupo e inicio de Ruta a Pé 11:45 Chegada a Santo Tomé 13:30 Fin da Ruta a Pe 14:00 Petisco e Celebración 17:00 Regreso aos lugares de Orixe
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.