1.- Que son os Xogos Galaico - Durienses?
Desde o ano 1993, os Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses reúnen a alumnado das universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Porto para convivir e estreitar lazos a través da práctica deportiva.
2.- A XXXII edición dos Xogos:
A edición destes ano celebrarase no Porto organizada pola Universidade do Porto e nela daranse cita 180 alumnos e alumnas das seis institucións académicas galegas e do Norte de Portugal.
3.- Modalidades (masculinas e femininas):
Bádminton, fútbol 7, tenis de mesa e xadrez.
4.- Representación da Uvigo:
A Área de Benestar, Saúde e Deporte realizará a selección das persoas que a representen nesta competición entre todas as pre-inscritas nesta web e en función dos criterios técnicos establecidos pola Comisión de Extensión Universitaria e os/as responsables técnicos de cada modalidade deportiva. A todas as persoas seleccionadas recoñeceráselle a súa participación con 15 h. en cómputo ECTS.
5.- Sistema de competición e normativa:
Ver arquivo adxunto.