Facultade de Belas Artes- Salón de Actos
Obxectivos e temática:
O propósito fundamental desta proposta é que o alumnado universitario e calquera outra persoa interesada no teatro participen nas fases dun proceso de creación teatral, desde o momento inicial da elección e lectura do texto ata a representación final diante dun público. Trátase de dotar os participantes dun abano de ferramentas para que poidan escoller e descubrir cal é a adecuada forma de desenvolver o seu labor como actor/actriz ou noutras funcións (escenógrafo, figurinista...). Todo se fará mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… Cabe sinalar que o teatro é un lugar privilexiado para a reflexión e para o dialogo, ademais de ser un instrumento que nos axuda a coñecernos mellor e a relacionarnos cos demais dunha maneira especial.
A modo de resumo, pode dicirse que os seus obxectivos principais son:
-Fomentar a lectura de textos teatrais.
-Fomentar a capacidade de expresión oral e corporal.
-Dar a coñecer as funcións que realizan os compoñentes dun espectáculo teatral: actores, director, escenógrafo, figurinista…
-Fomentar a asistencia a espectáculos teatrais.
-Fomentar a capacidade de relacionarse cos demais.
-Fomentar o traballo en equipo.
PRAZOS DE INSCRICION
Comunidade universitaria (alumnado, PAS, PDI): 2 de outubro (9:00h) a 4 de outubro (23:59h)- 8 PRAZAS
Persoas que fixeron esta actividade o curso pasado: 5 de outubro (9:00h) a 9 de outubro (23:59h)- 12 PRAZAS
Público xeral: 10 de outubro (9:00h) a 13 de outubro (23:59h) no caso de ficar vacantes dos prazos anteriores.
Inscrición GRATUITA
DOCENTES:
Jesús S. Del Río Pérez
Omar Ferrín Outeda
Sonia Rúa Rúa
Programa:
-Relación entre actores/actrices
-Relación actor-público
-Posta a punto corporal e vocal
-Análise das situacións
-Análise dos personaxes
-Obxectivos dos personaxes
-Obxectivos da obra
-Externo e interno
-Busca da voz e da pose corporal
-Subtexto
-Ritmo interno do personaxe e ritmo externo das accións
-Improvisacións sobre as escenas
-A relación
-Indicacións sobre a interpretación