Este obradoiro ten unha duración de 31.5 horas (1.5 horas de traballo individual do alumnado).
Descripción: A fotografía atópase nun período de cambios coa chegada das novas plataformas. O curso básico de OIIO supón unha inmersión na fotografía, cunha base teórica e práctica, aplicada aos tempos actuais. Un achegamento á iniciación na fotografía para construir proxectos que conten historias, edición fotográfica, incorporación do vídeo, fotografía con dron...
Directora e docente: Brais Lorenzo Couto
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Iniciación á fotografía.
- Fotografía con móbil.
- Retoque fotográfico.
- Narrativa. Construir un proxecto e contar historias con imaxes.
- Soportes. Como materializar un discurso fotográfico.
- Fotografía con dron. Teoría e práctica.
- Casos prácticos. Aseoramento persoal na toma de fotografías.
Programa detallado