Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (2 horas de traballo individual do alumnado).
Descripción: Trátase dun obradoiro participativo no que se mostran ferramentas e habilidades para exercer un liderazgo efectivo na promoción da saúde. Pon o seu foco na dinamización, na participación comunitaria e na redución de desigualdades.
De especial interese para estudantes e profesionais da área sociosanitaria, asociacións, ONGs e persoas da comunidade interesadas na saúde propia e das súas comunidades.
Directora e docente: Carmen Verde Diego
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Taller 1: Palabras Craves. Construción dun vocabulario común.
Taller 2: Ferramentas para a dinamización comunitaria (Mensaxes de Saúde)
Taller 3: Recursos socio-sanitarios e a súa dinamización.
Taller 4: Activos para a saúde I: clasificación de activos e mapa comunitario.
Taller 5: Activos para a saúde II: clasificación de activos e mapa comunitario.
Taller 6: Patoloxías relacionadas co sitio de procedencia. A saúde e as enfermidades dependendo máis do noso código postal que do noso código xenético.
Taller 7: Conectando activos: xerando accións en saúde en beneficio da comunidade. Exposición Traballo-Peche.
Programa detallado