Descripción: "É posible que a natureza entre na escola e permita crear situacións de aprendizaxe auténtico?". Este obradoiro formulado dende as bases da experimentación e reflexión permitiranos responder a esta cuestión. As sesións pretenden aportar ferramentas que favorezcan a creación de propostas para aplicar no ámbito familiar e escolar no contexto natural que nos rodea.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (3 horas de traballo persoal)
Directora e docente: María Fraga Corral
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. O modelo educativo das escolas na natureza ou escolas no bosque, pasado presente e futuro.
2. Beneficios da educación na natureza. A biofilia e o trastorno por déficit de natureza.
3. A educación na natureza, ferramenta de innovación educativa en educación infantil: presentación dunha aprendizaxe evolutiva e respectuosa.
4. O día a día das escolas na natureza
5. Acompañamento respectuoso na infancia: a súa relevancia na creación do autocoñecemento de nenos e nenas.
6. O modelo nutricional das escolas na natureza: un comedor saudable e equilibrado ao aire libre.
7. Seguridade e riscos: pautas de seguridade e avaliación de potenciais riscos presentes na natureza. Presentación de casos reais.
8. Períodos de vinculación e comunicación familiar: a súa importancia para o benestar das crianzas.
9. Os materiais didácticos empregados na aula na natureza: exemplos e presentación de ideas para a súa creación.
10. Talleres no bosque: a natureza como instrumento inspirador no eido científico.
11. A importancia do xogo na infancia: aspectos fundamentais relacionados co benestar físico e mental das crianzas.
12. Un laboratorio no bosque: introdución á ciencia a través dos elementos naturais presentes na contorna.
13. A autonomía da infacia. Obradoiros con ferramentas reais: o seu emprego con seguridade e as posibilidades que ofrecen na creación de proxectos infantís.
14. A exploración dos sentidos a través da natureza.
Programa detallado