Descrición: Con este obradoiro preténdese acompañar e apoiar o crecemento persoal e promover o empoderamento/axencia das mulleres utilizando o traballo en grupo para deconstruir os estereotipos cos que son heterodesignadas as mulleres nas sociedades patriarcais.
Dirixido a todas as mulleres da comunidade universitaria pero tamén serán benvidas mulleres alleas á comunidade universitaria.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (3 horas de traballo individual do alumnado).
Directora e docente: María Lameiras Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Sección 1: Autocoñecemento I: Un percorrido por as biografías relacionais (os vínculos de apego).
Sección 2: Autocoñecemento II: Un percorrido por as biografías relacionais (os vínculos interpersonais na etapa adulta).
Sección 3: Autocoñecemento III: Identidades generizadas (o papel do corpo na identidade das mulleres).
Sección 4; Autocoñecemento IV; Identidades generizadas (o papel da sexualidade na identidade das mulleres)
Sección 5: Autovaloración I: Promovendo a Autoestima.
Sección 6: Autovaloración II: Practicando a Autoestima.
Sección 7: Autonomía I: Desenvolvendo a axencia persoal.
Sección 8: Autonomía II: Activando o empoderamento das mulleres.
Sección 9: Vínculos e Relacións Positivas: A sororidade entre mulleres.
Sección 10: Vínculos e Relacións Positivas: O bo trato nas relacións de amizade e de parella.
Sección 11: Sección de Peche: A gratitude interpersoal.