Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Este obradoiro diríxese a quen teña interese en entender a música dende a práctica e dende a voz e o corpo como primeiros instrumentos. Comenzarase explorando as posibilidades da voz e o seu funcionamento para aprender a coidala, para practicar e entender conceptos musicais básicos a partir do canto e como base no desfrute.
Programa detallado
Directora: Lucía Casal de la Fuente Docentes: Lucía Casal, María Fiuza (USC) e Ruth González (directora do CUCO)
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Da voz ao canto.
1.1 Aproximámonos á voz: características, posibilidades, tipos e o seu coidado.
1.2 Producimos sons vocais: o proceso fonatorio.
1.3 Investigamos o canto: a voz musical.
2. Do canto á música.
2.1 Percibimos as paisaxes sonoras: a escoita activa e o adestramento auditivo.
2.2 Representamos o que cantamos: a grafía musical.
2.3 Ordenamos no tempo o que cantamos: o ritmo.
2.4 Interrelacionamos os sons: a harmonía.
2.5 Comunicamos coa voz e coa música: os elementos expresivos.
3. Da música á autotelia.
3.1 Exploramos recursos: instrumentos e ferramentas para facer, producir e editar música.
3.2 Escoitamos: características e evolución dos estilos músico-vocais.
3.3 Practicamos e desfrutamos: o canto, o acompañamento instrumental, o movemento e a práctica coral.
3.4 Reflexionamos: os beneficios da práctica músico-vocal como actividade holística e transversal, e as oportunidades de formación musical existentes,