XIMNASIO A- PAVILLON MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.
Rúa Xoán Manuel Pintos, 7, 36005 Pontevedra
O obxectivo deste curso de curso de iniciacion ao baile tradicional galego será dobre: por unha banda aprender o imprescindible para poder participar de maneira activa e divertida nunha foliada e pola outra, axudar a gañar forma física, xa que o baile é un exercicio físico aeróbico cunha certa esixencia. Así, achegarase á muiñeira e á xota, os dous ritmos soltos do noso baile tradicional. Aprender os seus pasos base: picados, cortes, pasos saltados, adiante-atrás, patadas e couces.
Coñecer as regras que rexen a combinacion dos pasos base para convertelos en puntos, como se estrutura a muiñeira e a xota, coas súas similitudes e diferenzas.
Ao mesmo tempo, terán cabida neste curso os principais ritmos agarrados: o pasodobre e o valse, sen esquecer como se leva e como hai que deixarse levar.
Para saber de onde vén o que se aprende, proxectarase algún corte de recollidas realizadas polo territorio galego dende mediados da década dos oitenta ata a actualidade. Todas as sesións comezarán cun quecemento, irase subindo a esixencia física progresivamente, tendo sempre en conta a forma física das persoas participantes, e rematarase cos estiramentos imprescindibles e necesarios para evitar sufrir lesións ou dores musculares.
O curso impartirase en dúas sesións diarias de hora e media cada unha. A profesora encadrará ás persoas participantes en dous grupos, un de INICIACIÓN e outro de CONTINUACIÓN en función das súas habilidades e destrezas en baile tradicional galego.
PRAZOS E PREFERENCIAS DA INSCRICION:
11 de setembro (9:00h) 12 de setembro(23:59h): 8 prazas para comunidade universitaria
13 de setembro (9:00h) a 15 de setembro(23:59h): 22 prazas + resto de prazas do prazo anterior para persoas que realizaron este curso no ano pasado
18 de setembro(9:00h) a 27 de setembro (23:59h): resto de prazas para publico xeral