Facultade de CC. da Educación e Deporte. Aula I
Achegar ás persoas participantes os coñecementos necesarios para que, unha vez rematado o obradoiro, poidan practicar con autonomía esta modalidade de exercicio físico-deportivo.
Introdución á marcha nórdica: historia e evolución, beneficios, material e equipamento.
Concepto de movemento saudable: patróns básicos de movemento, postura e equilibrio dinámico e paso e zancada.
Ensinanza-aprendizaxe da marcha nórdica: axuste e uso dos bastóns, técnica básica e claves que facilitan a aprendizaxe.
Marcha Nórdica de competición: modalidade deportiva da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, calendario e tipoloxía das competicións e regulamento de competición e clasificacións.