1. Persoas destinatarias:
Terán prioridade as persoas pertencentes á comunidade universitaria e á comunidad Alumni Uvigo. No caso de quedar prazas libres ao remate do prazo de inscrición, abrirase para o resto de persoas interesadas.
2. Inscricións:
- Realizar a inscrición nesta web.
- O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
A organización poderá modificar o grupo de inscripción do usuario por un criterio de nivel.
3. Recoñecemento de horas ECTS
- Recoñeceranse ata 30 horas ECTS polo nivel de iniciación e 30 horas polo de perfeccionamento. Os interesados deberán acreditar a asistencia na conserxería. Estas horas poderán acadarse unha soa vez por cada nivel.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.