1.- Distancia: 16 km (dificultade media - baixa)
2.- Percorrido: Coto de Novelle, Ermida San Miguel, San Roque, Outeiro Cruz , Paseo Termal rio Arnoia.
3.- Notas específicas sobre a ruta: nesta primeira etapa do 2024 estrearemos o ano cun percorrido de dificultade media-baixa para coñecer o patrimonio natural e histórico de A Arnoia. Unha incursión co concello de A Arnoia, enclavado entre os rios Arnoia e Miño e montañas de O Castro e Coto de Novelle que configuran un val adicado maioritariamente a agricultura (viñedos e productos de horta especialmente os sus pementos), así como a diferente riqueza etnográfica que atesouran os diversos muíños,fontes, petos das animas, augas termáis, capelas etc.. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.