1.- Distancia: 18 km.
2.- Itinerario: Castelo Monterrei, Vilaza, Castro das Chás, Adega as Barrocas, Oímbra
3.- Dificultade: media.
4.- Descrición: Unha ruta para saborear os caldos e as pegadas do viño. Roteiro que comeza no Castelo de Monterrei dominante sobre o val do río Támega. A fortaleza con triplo defensa está catalogada como Monumento Nacional e Ben de Interese Cultural (BIC), este enclave está considerado como a maior acrópole galega, e é un dos conxuntos monumentais mellor conservados de toda Galicia. Remontaremos na Prehistoria, onde a Ceada dás Chas - coñecida como Castelo de Lobarzán nos dará mostras cos restos dunha necrópole. Chegaremos ata Oímbra, o municipio con máis lagares rupestres de Galicia. Os lagares rupestres son estruturas en pedra labradas polo ser humano, polo xeral, pouco coñecidas, relacionadas coas formas máis arcaicas de elaboración do viño.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 9.15, Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 9.15 e Vigo (rúa do Areal, nº46) ás 9.40.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.