Organización: Universidade de Vigo (Vicerreitoria do Campus de Pontevedra e Área de Benestar Saúde e Deporte) e Asociación Dragón Boat Galicia
Actividade: Regata Dragón Boat Intercampus
Data: martes 12 de decembro.
Lugar e hora de comezo: Rio Lérez- Pantalán da Universidade as 12,00 hrs.
Participantes: tripulacións dos 3 Campus da Universidade de Vigo en categoría Masculina, Feminina e Mixta
Cada unha das embarcacións estará formada por 12 persoas en cada unha das categorías (10 padexeiros/as +1 timonel+1 tambor), en categoría Mixta o equipo deberá de estar integrado por un 50% de mulleres e un 50% de homes. A elección dos postos de timonel e tambor non están suxeitos a estes requisitos e serán propostos polas respectivas tripulacións. Os/as palistas tendrán que estar preinscritos nesta actividade, establécese como data límite o 27 de outubro, e serán seleccionados/as atendendo a os criterios deportivos dos técnicos da Asociación Dragón Boat Galicia.