1. Descricion: esta actividade enmárcase dentro do proxecto europeo Trail4Future e consiste nunha carreira de orientación onde as persoas participantes tenrán que localizar diferentes balizas distribuidas por unha zona acotada do campus, seguindo algún tipo de estratexia e exercitando diversas habilidades brandas como a xestión do tiempo, a fixación de obxectivos, o traballo en equipo, a persistencia, a toma de decisións colectiva, o estres... apoiándose no seu equipo e nun mapa. A organización proporcionaralle ás persoas participantes o material necesario.
2. Persoas destinatarias: calquera persoa interesada. Non son necesarios coñecementos nin experiencia previa.
3. Inscrición: as inscricións poderán realizarse ata as 14.00 h do xoves 2 de maio no seguinte enlace: carreira de orientación Trail4Future
4. Punto e hora de encontro: 10:00 na porta do pavillón unversitario