1. Entidade organizadora
A actividade está organizada polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e desenvolverase no muro de escalada situado no pavillón de deportes do campus de Vigo.
2. Persoas destinatarias
Persoas socias do club Peña Trevinca ou persoas da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS), cónxuxes e descendentes directas destas maiores de 6 anos.
3. Procedemento de inscrición
Realizar a inscrición a través do correo electronico escalada@trevinca.es ou chamando ao 692 613 790. Unha vez feita, as persoas da comunidade Uvigo, cónxuxes e fillos/as destes deberán inscribirse nesta actividade do campusactivo para activar o seguro deportivo da Universidade e que non sexa necesario federarse.
4. Prezos
A actividade terá o mesmo custe para a comunidade universitaria e os seus descendentes que para as persoas socias do Club Peña Trevinca (25 €/mes grupo infantil-xuvenil e 33 €/mes resto de grupos).