1.- Entidade que presta o servizo: Arrepións.
2.- Lugar de celebración: río Miño (Arbo).
3.- Persoas destinatarias: Comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas e persoas externas (permitirase unha persoa familiar directa ou en análoga relación como acompañante por cada participante da comunidade universitaria).
4.- Inscricións: as persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, aquelas que fixeran a pre-inscrición recibirán un correo electrónico avisándolles de que fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h. No caso de non facelo, perderá o dereito a reserva da dita praza.
5.- Transporte: a inscrición na actividade incluirá o transporte ata o punto de encontro, sempre e cando se complete un microbús entre as persoas participantes de Pontevedra e Vigo. Este microbús sairá aproximadamente ás 9.00 dende Nakasa Interiorismo na Praza de Galicia de Pontevedra e ás 9.30 da rúa Areal, 52 de Vigo. A volta será sobre as 14.30 h. Para posibles saídas dende o Campus de Ourense, consultar coa Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus.
6.- ¿Como chegar ao punto de encontro?: https://g.page/Arrepions?share
7.- Información complementaria:
- As persoas participantes deberán levar bañador, toalla, tenis para mollar e útiles de ducha. O resto do equipamento (casco e chaleco homologado, traxe e escarpíns de neopreno de 5 mm.) corre a cargo da empresa.
- É obrigatorio saber nadar.
- Unha vez efectuado o reparto do material o grupo subirá 9 km no autobús da empresa ata o embarque. Alí daránselles as explicacións necesarias sobre a colocación do material, remar e, sobre todo, de seguridade. Despois comezará o descenso do río que durará sobre 1.30 h. Unha vez terminado o percorrido, chegarase ás instalacións da empresa para tomar unha ducha quente e dar por finalizada a actividade.
- Idade mínima a partir dos 16 anos.