Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición:
- Pretendemos analizar a creación audiovisual en todas as súas variantes, soportes e formatos, substanciada nunha obra ou produto destinado a ser gozado e consumido polos receptores. Polo tanto, é obra colectiva, profesional, nun sector das industrias culturais e creativas con máis pulo de Galicia, e cunha suma de vontades ben coordinadas. Suma de vontades e suma de talentos. - Participarán profesionais en diversos aspectos creativos (dirección, guión, produción, fotografía, música, etc.), e vinculados ás industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación. - Analizaranse distintos formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos. - Durante o Curso desenvolverase un taller de produción audiovisual, baixo o título “Celanova, plató de ficción”, desenvolvido polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.
Director e docente: Miguel Anxo Fernández Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Martes, 27 de xuño
16.00 h. Acreditación e recollida de documentación
16.15 h. Saúdo e presentación dos directores do curso. Inauguración oficial.
Paulino Pérez Feijoo. Doutor en Comunicación Audiovisual e profesor de Comunicación Audiovisual. Universidade de Vigo
Miguel Anxo Fernández. Doutor en Comunicación Audiovisual, crítico de cinema e televisión e profesor asociado de Comunicación Audiovisual. Universidade de Vigo
16.30 h. Fatum [Proxección audiovisual: Fatum. Ficción, España, 2023]
18.30 h. Dirixir e guionizar Fatum. O xogo da ficción
Juan Galiñanes. Director e guionista
19.45 h. A postprodución de Fatum. Son
Diego Staub. Sonidista
21.00h. Fin da xornada
Mércores, 28 de xuño
09.30 h. A música en Fatum
Manuel Riveiro. Músico
10.45 h. Visita guiada polos escenarios de películas e series rodadas en Celanova
Antonio Piñeiro. Técnico de cultura do Concello de Celanova
12.00 h. A postprodución de Fatum. Efectos visuais
Pablo Lamosa. Supervisor de efectos visuais
13.15 h. A produción de Fatum. Vaca Films
Miriam Devesa. Xefa de produción
14.30 h. Descanso para xantar
16.00 h. Unicorn Wars [Proxección audiovisual: Unicorn Wars. Ficción, España, 2022]
18.00 h. Dirixir unha longametraxe de animación. Unicorn Wars
Alberto Vázquez. Director
20.00 h. A produción de animación. Unicorn Wars
Chelo Loureiro. Produtora
21.30h. Fin da xornada
Xoves, 29 de xuño
09.30 h. O home e o can. [Proxección audiovisual: O home e o can. Ficción, España, 2022.
11.45 h. A dirección e guión de O home e o can
Ángel de la Cruz. Director e guionista
13.15 h. Procurando a estética específica. Fotografía e traballo actoral en O home e o can
Pablo Fontenla. Fotografía
Paula Chaves. Actriz
16.00 h. Masterclass. Dirección dun filme. Honeymoon
Enrique Otero. Director
19.00 h. A coordinación e organización dun filme: Honeymoon
Lorena Ares. Axudante de dirección
20.15 h. Producir unha road-movie: Honeymoon
Xacobe Sineiro. Produtor
21.30 h. Fin da xornada
Venres, 30 de xuño
10.00 h. María Casares. A muller que viviu mil vidas. [Proxección audiovisual: María Casares. A muller que viviu mil vidas. Documental, España, 2023]
11.45 h. Masterclass. Construción dun documental profesional.
Xavier Villaverde. Director
13:00 h. Taller: “Celanova: plató de ficción”. Crónica dun recordo.
Zahira Teijelo. Director
13.45 h. Acto oficial de clausura e entrega de diplomas. Despedida e sesión de fotocall
14.00 h. Fin do Curso.