Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Ourense é unha das provincias con maior importancia do seu patrimonio. Porén, comprobase que a súa utilización como elemento dinamizador é moi mellorable. O patrimonio debe entenderse como a base para acadar un maior dinamismo socioeconómico, pero ata o momento as iniciativas foron escasas e de baixa intensidade. A importante riqueza patrimonial debe organizarse co gallo de darlle valor para poder aproveitar o seu potencial.
O obxectivo deste curso é sinalar aqueles elementos que deben ser tidos en conta para mellorar a explotación racional dos nosos recursos, para que o patrimonio sexa unha ferramenta xeneradora de riqueza, especialmente no eido rural, que é precisamente onde se pode atopar a maior parte e calidade do noso patrimonio.
Director: Alberto Vaquero García
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Análise da responsabilidade social na xestión do patrimonio cultural.
- A riqueza patrimonial da provincia de Ourense
- O papel dos museos para o recoñecemento e difusión dos recursos patrimoniais
- Os recursos patrimoniais de Celanova
- Valorización dos recursos patrimoniais na provincia de
Ourense
- O proxecto europeo "Keep on"
- O proxecto europeo CRIMA como instrumento para a revalorización do patrimonio das áreas de montaña.
- Ridimoas, o bosque autóctono do Ribeiro e o seu impacto socioeconómico.
- Visita a Celanova e Bande ( Aquis Querquennis )
- Visita a Beade ( Monte de Ridimoas ) e Ribadavia ( Museo Etnolóxico )
- Visita a Allariz