Este curso ten unha duración de 30 horas .
Descripción:O control térmico espacial é unha disciplina que se encarga de garantir unha distribución de temperaturas e fluxos de calor compatible coas esixencias térmicas impostas polos compoñentes, equipamentos, subsistemas e sistemas dos vehículos espaciais. Existe un software especializado para a realización de modelos térmicos que, no marco de proxectos da Axencia Espacial Europea, é ESATAN. Este curso introduce os principais fundamentos da transferencia de calor, os elementos de control térmico en vehículos espaciais, e é unha introdución ao uso do software ESATAN.
Los objetivos del curso son: - la adquisición de los conceptos fundamentales del control térmico aplicado a los vehículos espaciales, - el conocimiento del hardware de control térmico pasivo y activo, - aprendizaje de los principios de modelización térmica y orbital en el software especializado utilizado en las misiones ESA, ESATAN - aprendizaje de los criterios para la selección de casos de análisis y radiativos - aplicación a un caso de uso de todo el proceso de diseño de control térmico y modelización - principios de la verificación de modelos térmicos mediante ensayos y correlación de modelos
Directora e docente: Fermín Navarro Medina
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
• Introdución ao Control Térmico dos Vehículos Espaciais • Elementos de control térmico • Modelado en ESATAN. Abordaxe do problema térmico • Introdución e presentación de casos prácticos • Descrición do contorno, introdución de propiedades e xeometría • Grupos, nós non xeométricos, acoplamentos condutores • Caso radiativo e orbital • Cálculo de acoplamentos condutores • Casos de análise • Análise de resultados • Solución de control térmico e implantación en ESATAN • Ensaios e verificación de modelos térmicos
Programa detallado