Duración do curso: 32 h
Temática: Este curso ofertado no campus de Ourense impartirase a modo de xornadas de divulgación científica das investigacións que leva a cabo a comunidade universitaria do departamento de Historia, Arte e Xeografía con temática relacionada coa provincia de Ourense, así como as de outros investigadores externos especializados no tema. O curso terá carácter multidisciplinar e fará un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte e as tradicións da provincia de Ourense, desde a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos como artísticos e etnográficos. Algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados polo centro da cidade de Ourense e lugares históricos e arqueolóxicos da comarca da Limia, Baixa Limia e Verín. Obxectivos: 1. Transmitir o coñecemento científico xerado polos investigadores e as investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar. 2. Proporcionar ferramentas e exemplos na utilización de diferentes tipos de fontes para a investigación histórica e arqueolóxica. 3. Aplicar o coñecemento interdisciplinar e xerar espazos de discusión co estudantado. 4. Contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores (en liña coa axenda 2030). 5. Achegar instrumentos e ferramentas para a elaboración de discursos de comunicación e divulgación igualitarios e inclusivos (en liña coa axenda 2030).
Director do curso: José Ramón Campos Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- “As producións agrícolas (pan, viño, aceite) nas comarcas interiores de Galicia en época galaicorromana”.
Fermín Pérez Losada - “A representación dos traballos das mulleres nos espazos patrimoniais. Unha ollada dende a arqueoloxía”. - “Oficios e profesións no Ourense medieval (ss. XII-XV)”. Francisco Javier Pérez Rodríguez - “Itinerario polo río Miño”. Miguel Ángel Álvarez Vázquez - “Organización e actividade dos talleres ourensáns de platería na Idade Moderna”. Ángel Domínguez López - “A emigración a Venezuela da provincia de Ourense (1948-1960)”. José Ramón Campos Álvarez - “Un paseo polo Ourense contemporáneo”. Domingo Rodríguez Teijeiro - “Coñécendo Ourense: historia e arte da nosa cidade dende o mundo antigo ata os nosos días”.
Marta López López - “Aberto por obras. Unha visita guiada ao pasado e presente da vila e fortaleza de Monterrei”.
Victor Rodríguez Muñiz - “Explicación das intervencións arqueolóxicas na vila de Monterrei”. Eduardo Breogán Nieto Muñiz - “De pedra e auga. Un paseo polos balnearios de Verín”. Carlos Barja Márquez -“50 anos de investigación arqueolóxica no campamento romano de Aquae Querquennae (Bande, Ourense)”.
Santiago Ferrer Sierra - “Coñece e experimenta. Traballos tradicionais dunha aldea ourensana (Vilar, Calvos de Randín)”.
Juan Manuel Galiña Lorenzo - “Taller: do xunco á coroza. O oficio artesanal de coroceiro no Val do Salas”. Lucía Rodríguez Álvarez