Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Nos últimos anos o medio ambiente está a sufrir un gran deterioro, debido a diferentes factores como poden ser o quecemento global, a pegada ecolóxica que deixamos os seres humanos ao realizar diferentes accións, etc... Por este motivo, as políticas actuais baséanse e promoven modelos sociais para un desenvolvemento mais sostible. Nun futuro próximo deberemos de compatibilizar a conservación do medio ambiente cun desenvolvemento económico eficiente. No presente curso tratarase de avaliar, dende un punto de vista científico, a importancia que teñen elementos como a conservación da biodiversidade, a loita contra os lumes e a salvagarda dos recursos naturais e hídricos cara un futuro desenvolvemento sostible da nosa sociedade no século XXI. Neste contexto intentarase promover aptitudes e fomenta-lo espírito crítico cara a xestión medioambiental e a súa influencia na natureza, valorando a gran importancia que ten a protección dos espazos naturais protexidos como a Reserva da Biosfera transfronteiriza Internacional Xurés-Gerês.
Director e docente: María Fernández González
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- O concello de Muíños: O medio ambiente como patrimonio
- Valores ambientais asociados os recursos hídricos do Xurés
- Xeomorfoloxía da serra do Xurés
- As reservas da Biosfera internacional transfronteiriza Xurés-Geres
- Flora e vexetación da Serra do Xurés
- Visita ao parque natural e ao pobo de Salgueiros: Itinerario, botánico, faunístico e xeomorfolóxico
- O turismo termal e o medio ambiente
- Montes e mancomún, conservación e usos tradicionais
- Economía circular e reutilización de augas en centrais de produción de enerxía
- Conservación do patrimonio cultural: papel do audiovisual