Este curso ten unha duración de 42 horas .
Descripción:
Describir os principios da Axenda 2030, do desenvolvemento sostible e economía circular. Afondar nas tecnoloxías e procesos innovadores no eido da biotecnoloxía industrial. Definir o concepto e tipos de biorafinerías e a súa importancia na economía circular. Analizar os bioprocesos que se realizan nas biorafinerías para a obtención de bioproductos. Identificar exemplos de aplicación de bioproductos no eido da alimentación e saúde humana. Explicar casos reais de aplicación de bioproductos no eido da acuicultura. Amosar casos reais de aplicación de bioproductos no tecido industrial. Afondar e aplicar tecnoloxías e procesos innovadores no eido da enxeñaría ambiental. Aplicar tecnoloxías innovadoras para valorizar residuos industriais no laboratorio Obter bioproductos de interese industrial a escala de laboratorio
Directora e docente: Alicia Pérez Paz
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Teoría: 1. Principios da Axenda 2030, do desenvolvemento sostible e da economía circular. 2. Biorrafinería no eido da economía circular. 3. Fraccións valorizables dos residuos agrícola industriais (hidratos de carbono, proteínas e lípidos) para a obtención de bioproductos. 4. Bioproductos de interese industrial e aplicacións no eido da alimentación, saúde humana, sociedade, acuicultura, e xestión medioambiental. 5. Tecnoloxías e procesos innovadores no eido da biotecnoloxía industrial. 6. Tecnoloxías e procesos innovadores no eido da enxeñaría ambiental. Prácticas: 1. Fermentación en estado sólido (FES) para a obtención de proteínas de aplicación alimentaria e enzimas de interese industrial. 2. Obtención de hidratos de carbono mediante disolventes eutécticos profundos. 3. Aplicación das enzimas producidas mediante (FES) para a obtención de monómeros. 4. Fermentación en estado líquido para a obtención de ácido láctico e biosurfactantes. 5. Obtención de lípidos e ácidos graxos esenciais a partir de microalgas. 6. Obtención de biopolímeros a partir de residuos. 7. Biorremediación de augas residuais. Visitas a empresas do sector
Programa detallado