Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións
Obxectivo xeneral: Adquirir unha visión xeral de todos os elementos que compoñen un sistema espacial, os retos e beneficios que levan asociados estes sistemas.
Obxectivos máis específicos e de capacitación: -Familiarización cos sistemas espaciais, centrado nos pequenos satélites. -Introdución á enxeñaría de sistemas espaciais. -Coñecer os subsistemas e elementos dun pequeno satélite. -Realización de análises de misións espaciais. -Elaboración de probas prácticas dun sistema de comunicacións de radio -Desenvolvemento dos coñecementos para realizar un prototipo de circuíto en PCB para sistemas espaciais. -Introdución ao desarrollo de software para unha misión espacial. O conxunto de obxectivos permitirán que os alumnos adquiran as competencias básicas de desenvolvemento de misión espaciais e plataformas satélite baseadas no estándar CubeSat.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Normativa colectivos con desconto
Ten unha duración total de 30 h.
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso de extensión entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Modulo 1: Introducción a misións espaciais
Modulo 2: Retos dun sistema espacial
Módulo 3: Elementos dun sistema espacial
Modulo 4: O estándar CubeSat
Modulo 5: Subsistemas dun CubeSat
Modulo 6: A estación terrea, instrumentación e telemetría
Modulo 7: Deseño e montaxe dun pequeno circuíto PCB
Modulo 8: Implementación do software dun sistema de control nunha placa de desenvolvemento.
Programa detallado