Aula C5 (pavillón C) da Facultade de Filoloxía e Tradución
Descrición e obxectivos do curso:
Norte, sur, leste, oeste. Para movernos en dirección a calquera punto, precisamos de saber tanto para onde queremos ir, como onde estamos; o compás ensínanos que a mellor maneira de chegar onde queremos no menor tempo e co menor esforzo, ou co maior desfrute, é coñecer primeiro lugar onde está o norte. É imprescindíbel para tomar decisións boas, rápidas e menos arriscadas. A través deste curso, «Compás para tradutores(as)» buscamos ter acceso a ese norte, a información proporcionada por profesionais, o punto de referencia de quen xa tivo que viaxar ao Polo Norte só e aprendeu a orientarse e decidir cunha base sólida, aprendeu a crear o seu compás. Dese compás (deses moitos compases) é do que precisamos para chegar ao noso destino, que é común a quen traballa na tradución: conseguir a máxima calidade co menor esforzo e tempo posíbeis, facendo do compás dos(as) que foron pioneiros(as) a ferramenta que nos axude a tomar decisións prácticas e sempre axustándonos o máis posible aos obxectivos de desenvolvemento sustentable, como se indica a seguir. Sendo tantas as decisións a tomar, os catro puntos sobre os que se basea e que pretende simplificar este curso son: - O Norte: Cal é a causa que me obriga a tomar unha decisión? - O Leste: Que recursos debo aplicar (internos e externos)? - O Sur: Cara que mundo quero camiñar? - O Oeste: En que estado quero chegar? A partir destes catro puntos cardinais, o presente curso de extensión universitaria ten os seguintes obxectivos: 1. – Identificar os diversos tipos de decisións (relacionadas coas distintas temáticas tratadas no curso) tomadas no eido da tradución profesional co obxecto de xestionalas mellor. 2. – Facilitar a toma de decisións da área de especialización, favorecendo aquelas relacionadas cos organismos internacionais e voluntariado, de acordo co obxectivo 16 dedesenvolvemento sustentable (Paz, xustiza e institución sólidas). 3. – Comprender as implicacións de cada tipo de decisión tomada (sobre todo, económicas e sociais) e a incidencia da tradución nos obxectivos de desenvolvemento sustentábel e establecer pautas para actuar consecuentemente. 4. - Fortalecer as redes de traballo que constitúan un apoio, intercambio de coñecemento, axuda mutua ao compartir recursos co obxecto de tomar mellores decisión (obxectivo 17 da axenda 2030 - Alianzas para lograr obxectivos) 5. – Aforrar tempo nas áreas de xestión relacionadas co día a día laboral de un(ha) tradutor(a), de acordo co obxectivo 9 da axenda de desenvolvemento sustentable (Industria, innovación e infraestrutura). 6. – Identificar, sistematizar e facer coherentes as decisións lingüísticas, especialmente no relativo á linguaxe inclusiva e desenvolver un sistema de escollas claro e coherente, de acordo co obxectivo de desenvolvemento sustentable número 5 – Igualdade de xénero; 7. – Harmonizar os resultados económicos e laborais cos obxectivos da axenda 2030 (especialmente o obxectivo número 8, por contribuír á consecución dun traballo decente e ao crecemento económico) 8. – Mellorar a saúde física a través de nocións de ergonomía e uso de materiais sustentábeis, de acordo co obxectivo de desenvolvemento sustentábel número 3 – Saúde e benestar. 9. – Mellorar a saúde mental a través do coñecemento de ferramentas persoais e de avaliación dos niveis de produtividade real, detección e xestión do estrés, etc., tamén de acordo co obxectivo de desenvolvemento sustentábel número 3 – Saúde e benestar
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Normativa colectivos con desconto
Ten unha duración total de 30 horas.
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso de extensión entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
- O Norte: Cal é a causa que me obriga a tomar unha decisión? Obradoiro 1. Tradución de autor e redacción. María Luisa Romana (Universidad Pontificia Comillas) Obradoiro 2. Tradución e seguridade xurídica. Lei de protección de datos, riscos xurídicos do oficio de tradutor(a), contratos e seguros. Silvia Capón Obradoiro 3. Tradución e Copywriting. Marta Pastoriza Ares, tradutora e copywriter. - O Leste: Que recursos debo aplicar (internos e externos)? Obradoiro 4. Xestión de proxectos de tradución. Consellos prácticos para aforrar tempo e traballo. Xestión de axenda, proxectos, facturación. Lourdes Arteaga. Obradoiro 5. Traducir aplicando a linguaxe inclusiva – Carme Adán Villamarín Obradoiro 6. Tradución, redes e organismos internacionais. Nuria Pahino Dasilva - O Sur: Cara que mundo quero camiñar? Obradoiro 7. Tradución e compromiso social: historia, educación, redución das desigualdades. Karl Schurster Veríssimo de Sousa. Obradoiro 8. Tradución e voluntariado. Berna Wang. Tradutora para Amnistía Internacional, a Axencia da ONU para os refuxiados. - O Oeste: En que estado quero chegar? Obradoiro 9. Tradución, freelancing e saúde mental. Kesley Frick, da FreekinFreelance Obradoiro 10. Tradución e ergonomía. Javier Llaneza Álvarez
Folleto detallado