Este obradoiro ten unha duración de 31 horas.
Descripción: A fotografía atópase nun período de cambios coa chegada das novas plataformas. O curso básico de OIIO supón unha inmersión na fotografía , cunha base teórica e práctica aplicada aos tempos actuais. Un achegamento á iniciación na fotograrfía para construir proxectos que contén historias, edición fotográfica, incorporación do video, fotografía con dron.....Imparte colectivo OIIO: Agostiño Iglesias, Vanessa Casteleiro e Brais Lorenzo
Director: Brais Lorenzo
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Iniciación á fotografía
- Fotografía con móbil
- Retoque fotográfico
- Narrativa. Construir un proxecto e contar historias con imaxes
- Soportes. Como materializar un discurso fotográfico
- Fundamentos da edición gráfica
- Soporte multimedia. Como incorporar o vídeo aos proxectos
- Fotografía con dron. Teoría e práctica
- Casos prácticos. Asesoramento persoal na toma de fotografías