Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descripción: Achegamento á danza contemporánea e á creación escénica fundamentalmete a través do corpo. Para tódolos niveis, proponse un obradoiro para a creación escénica utilizando como ferramenta principal o corpo e o movemento. Neste obradoiro traballarase unha peza escénica de 15 minutos que se poderá mostrar nos festivais universitarios de Ourense, Santiago e Coruña. (Custo dos desprazamentos para actuacións incluido na matrícula).
Director: Nuria Sotelo Rodríguez
Docente: Nuria Sotelo Rodríguez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1.-Adestramento físico e psicomotricidade a través do Body Weather
2.-Nocións de anatomía
3.- Introdución ás técnicas Release e Flying low
4.-Ferramentas para a improvisación
5.- Composición espacial
6.- Creación coreográfica