Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este obradoiro ten unha duración de 40 horas.
Descrición: O obxectivo é o de iniciar ás persoas que asistan na programación de ordenadores mediante a linguaxe de programación Julia. 40 horas presenciais nun laboratorio con ordenadores e con clases totalmente prácticas.
Director/docente: Baltasar García Pérez-Schofield
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
-Conceptos básicos de programación
-Conceptos básicos de programación con Julia
-Programación multipropósito con Julia
-Programación científica con Julia