Este obradoiro ten unha duración de 80 horas.
Descrición: Ensaios e posta en escena do espectáculo "As cidades agochadas". O emperador quere saber como son as cidades do seu imperio: a viaxeira óntalle. Mentres o fai, xorden diversas cidades que se entrelazan coa poesía, co ritmo, coa miseria, co desexo, coa invisibilidade, co intercambio, coa memoria, cos signos, coa morte, co humor.
A cidade é o espazo onde nos reunimos, o espazo que decidimos compartir millóns e millóns de persoas no mundo.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Corpo e personaxe - Os personaxes que te habitan - Ensaios e montaxe dunha obra teatral Contidos: - O traballo corporal na construción de personaxes - Os recursos expresivos - A comicidade - A liña de desexo dos personaxes - A construción dos sentimentos dos personaxes - O movemento en escena - A relación entre os personaxes - O corpo e a voz ao servizo do espectáculo - A enerxía en escena - O ritmo en escena