Este obradoiro ten unha duración de 30 horas e conta con 3 horas de traballo individual do alumno.
Descripción: O obxectivo principal é acercar aos participantes á parte máis práctica dos antioxidantes, ao potencial da auga e ás súas funcións na nosa vida diaria. Terá un carácter aberto co propósito de atraer asistentes de diversos ámbitos co fin de darlle difusión a unha parte máis da ciencia como é a auga e os antioxidantes, tan presentes no noso entorno e na nosa vida.
Directoras e docentes: Noelia Flórez Fernández e María Dolores Torres Pérez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Sesión 1
- Presentación e introdución do obradoiro
- Relatorio 1: Os antioxidantes I - Obtención
- Prácticas laboratorio 1: macerando vexetais
Sesión 2
- Práctica laboratorio 2: destilando licores
Sesión 3
- Práctica laboratorio 3: cocendo á presión con auga
Sesión 4
- Práctica laboratorio 4: a potencia das ondas
Sesión 5
- Relatorio 2: Os antioxidantes II - aplicacións
- Práctica laboratorio 5: recetas para determinar antioxidantes
Sesión 6
- Práctica laboratorio 6: o laboratorio na casa