Este obradoiro ten unha duración de 45 horas.
A inscrición a este obradoiro queda reservada as persoas que realizaron dito obradoiro no primeiro cuadrimestre.
Este obradoiro está destinado a persoas que superaron o 1º nivel.
Descrición: Construción do personaxe para unha posta en escena. A oportunidade de coñecer novos autores e estratexias teatrais en constante cambio é única e estiulante, queremos que sexa este tempo compartido e de creación na que xéneros e voces se datán unha aperta. Que en tempos de distancia e perímetros non é pouco.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Xogo e acción - Buscando a credibilidade - Sobre a palabra en acción - Montaxe ao redor de textos teatrais Contidos: - Acción física mediante o xogo teatral - Interpretación - A acción como motor das emocións - A expresividade en escena - A autenticidade interpretativa - As intencións dos personaxes - A presenza, a escoita e a mirada - Presencia vocal e corporal - As significacións no proceso creador