Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este obradoiro ten unha duración de 40 horas.
Descripción: Seducir e convencer son capacidades a desenvolver se queremos ser bos/boas comunicadores/comunicadoras en escena. En Rosaura traballareos estas claves como punto de partida para a interpretación. Os nosos aliados serán a escoitsa, os impulsos, a relaxación activa e a improvisación entre outros.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Cursos: - Corpo en movemento - Labor de equipo - Mostra de traballo na rúa Contidos: - A procura artística a través do xogo teatral - Expresión individual e colectiva - Práctica teatral - Imaxes co corpo - O corpo fala - O corpo escoita - O corpo conta - Traballo en equipo