1.- Distancia: 13 km.
2.- Percorrido: Vilarinho, Espiunca, Areinho.
3.- Dificuldade: media-baixa.
4.- Notas específicas sobre a ruta: as pasarelas ou pasadizos do Paiva, ou en portugués, Passadiços do Paiva, é un carreiro de case 9km sobre pasarelas de madeira xunto ao río Paiva. É das novas atraccións turísticas de Portugal xunto ao Ponte 516 de Arouca, unha ponte de aceiro suspendido tamén sobre o río. Os Passadiços proporcionan un paseo inmellorable de 9 km, rodeado de paisaxes de gran beleza, nun auténtico santuario natural, xunto a baixada de augas bravas.
A organización dispón de 38 pases para cruzar a ponte colgante 516 que se asignarán por orde de inscrición e pagamento no seguinte enlace: cruce da ponte sobre o Rio Paiva. É preciso estar inscrito/a na ruta para poder completar a inscrición na actividade opciónal.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, familia Uvigo e Comunidad Alumni ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.