1.- Distancia: 18 km.
2.- Percorrido: A Ponte do Porto, Porto de Cereixo, A Barreira, Faro e Praia do Lago, Merexo, Praia de Area Maior, Chorente, Muxía.
3.- Dificuldade: media
4.- Notas específicas sobre a ruta: Este roteiro entre Ponte do Porto e Muxía pertence ao Camiño dos Faros da Costa da Morte, concretamente a Etapa 6 entre Camariñas e Muxía. Unha ruta que, ao longo de 200 km entre Malpica e Fisterra, percorre esta abrupta, máxica, fermosa, e salvaxe costa. Cantís, praias, faros, rías, sentindo o alento do mar e a forza do vento. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, familia Uvigo e Comunidad Alumni ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.